Crea 2020

“Todo vai ir ben” Provén dun exercicio didáctico de creación colectiva ao redor da imaxe e os seus diferentes usos. Fraguado en paralelo ao estado de alarma, realiza un unha viaxe introspectiva a través dos diversos participantes do mesmo, formando unha visión plural da extravagante cotidianidade experimentada este 2020. Proponnos unha peza audiovisual onde os encontros entre imaxes funcionan a modo de pulso nunha representación do que acabará sendo o final desta proposta.

Todo Vai ir Ben é un Proxecto realizado por Habelas Hainas Estudo Creativo e cordinado por Jacobo Ameneiro. Participantes: Aurora Díaz, Macarena, Fabiola Ferrer Pombillo, María Astorga, Claudia Botana, Goyo, Ana M. Martinez, Daniel Muñiz Torres, Lestonnac Ibañez, Fausto Rodriguez Montero y Jacobo Ameneiro.

Deja un comentario