Polígono 4 Roi Alonso

Espazo baleiro

O proxecto traballado durante o taller Polígono 4 sobre o bulevar do Papagaio parte da relación entre o existente e o seu pasado, o novo e as liñas de comunicación que comparten.
O barrio sufriu unha profunda transformación (en tódolos sentidos) hai uns anos convertendo un entorno marxinal no que pretendía ser un espazo múltiple con prazas, mercados, vivendas, etc (baixo palabras do propio promotor)

Esta modificación do espazo urbano a partires dun agresivo proceso construtivo deu lugar a un conxunto no que as edificacións existentes (as menos, pero máis representativas) e as novas conviven nunha nova trama que vai marcando os tempos en cada treito.

Por outro lado, os programas de edición de imaxe permiten a través dos seus algoritmos, a unión de varias fotografías, consecutivas ou non, para formar unha imaxe final. O programa recorre aos puntos en común entre elas para crear eses límites compartidos.

Estes bordes caracterizanse normalmente por ser zonas de texturas homoxéneas, espazos sólidos e consolidados.
Como resultado de aplicar dita aplicación sobre fotografías da zona do Papagaio xorden conxuntos complexos, en ocasións recoñecibles e noutras aloxadas da realidade.

O resultado final para o taller implica eliminar parte do conxunto creado dándolle valor ao baleiro. Resaltando a importancia do que no se ve marcando a relación entre o construido e a nada.