Polígono 4 Alberte Pereira

Okupas

O proceso de xentrificación nas grandes cidades é un feito e débese a múltiples causas.

Se as simplificamos moito, podemos dividilas en dúas:
Económicas, nas que os especuladores inician ou promoven o proceso con operacións inmobiliarias e/ou urbanísticas, que buscan mercar barato e vender caro e no que tamén aparecen axentes vinculados ao turismo.
Culturais, relacionadas co lecer e o comercio, xa que, como sinala Martín Manuel Checa-Artasu en “Gentrificación y Cultura: algunas reflexiones”, a veces “actúan de forma integrada con el mercado inmobiliario y las propuestas de planificación urbana. Tanto es así, que en muchos de los procesos de gentrificación, el capital cultural mantiene unos circuitos que se implican perfectamente en las dinámicas del capital económico”.

En calquera caso, o resultado adoita ser practicamente o mesmo. O desprazamento dos habitantes orixinarios do barrio ou polígono remodelado, habitualmente de clase baixa e obreira, e a ocupación polas clases medias e acomodadas.

Estes novos axentes económicos, culturais e novos habitantes convértense nunha especie de “okupas”, en contraposición ao concepto que se lle adoita atribuír.