Pasado

CAS//GAL

A maioría de nós temos unha chea de fotografías familiares que nos lembran de onde vimos, estas fotografías adoitan estar en caixas ou álbums, moitas veces pouco coidadas ou ordenadas para a súa visualización e poder gozar dese momento en que miramos ao pasado dos nosos pais, avós e as súas vidas…

En Habelas Hainas somos conscientes do valor destes arquivos fotográficos, un dos nosos servizos máis entretidos é o de catalogar todo ese arquivo, dixitalizalo para a súa conservación é o primeiro paso, logo crear un relato para gardar como un libro, encadernado artesanalmente, un agasallo para alguén querido ou para nós mesmos.


Cóntanos que buscas e atoparémolo…