visto no Zig Zag

En @ZigZagTvg programa de referencia cultural da @TVGalicia falando das propostas de #MariaVerez e @LuaRibeira entre outras que están en FFoco a voso goce.. Entre elas “Esclusa Extensiva”

Máis info e autorxs da mesma Expo colectiva. https://ffocofestival.com/esclusa-extensiva/

Esclusa Extensiva

Esclusa Extensiva é a finalización expositiva do exercicio didáctico anual creado por Habelas Hainas Estudo Creativo e comisariado por Jacobo Ameneiro, nesta edición proxecta a relación que transcorre entre a subxectividade da memoria e o tempo.

Transitando pola nosa minúscula perspectiva do concepto tempo e profundando nos diferentes aspectos, relacións ou disparidades que poden xurdir ao enfrontarnos a el.

Proyectos

Os que nunca fumos

Albertino

Nadie conocía a aquel personaje de rasgos indefinidos, tenía rostro humano, pero también había rasgos animales, un primate, cualquier fauna, un caballero anciano, un Don Quijote o incluso un monje extraño. Lo cierto es que sus ojos eran notables, observaba todo, las procesiones, las bandas musicales, las parejas y familias conversando, y el peregrinar de la gente.

Pero todo en él era nebuloso, rostro, ropa, cuello… si se percibieran los colores y olores de alguna flor, lo delatarían.

https://www.instagram.com/gunderio/

A Ansiedade dos Límites

Nachok

Estes son escintileos de tempos anteriores ás capturadoras de carbono atmosférico, incluso ao cupo enerxético individual.

A vida da xente era máis orgánica, espontánea. Gustaríame experimentar como se vivía sen ter todo medido, acotado, programado; sometido á implacable lei algorítmica.

Reconfórtame ver as imaxes e tocar o pouco que queda daqueles tempos confusos, os pequenos retrincos de vida que deixaron os meus devanceiros, bits de memoria que aínda quedan na tarxeta interna de teléfonos celulares corroídos pola humidade e o tempo.

Gústame recrear aquelas imaxes, xogar a unir pezas que ás veces teño que inventar e que non casan con nada, pero que me permiten participar naquela historia e completala dun xeito ilóxico, desordenado pero que me deixa descansar da ansiedade dos límites.

Teño que seguir mañá, acaba de saltar o aviso do limitador de consumo eléctrico. Xa non vexo nada.

nachok.net

Emendar

Belén Terlizzi

Volve a luz que as envolveu, a través das súas imaxes. Esa luz modula as sensacións do presente, coloréao, deforma a ollada, xenera ruídos na percepción das formas.

Voltan os soños nos que nos recoñecemos de novo, todas.

Navegamos, indiferentes ao tacto da distancia, porque sabemos que a auga acubilla os nosos devezos.

https://www.beterlizzi.com/

FREN

Ramon Yoshimura

O tempo é unha das lineas pola cal nós tan so transitamos durante un mínimo intervalo, somos finitos, dende o primeiro instante de vida determinase o fin, intentamos atrapar os nosos recordos na memoria, atarnos a vida, deixar a nosa pegada, e niso é experta a fotografía. Este proxecto pretende recoller a memoria que conforman as fotografías, transitar nesta liña da vida, buscando un segundo conxelado no tempo, un instante eterno que mostra a fraxilidade das persoas.

https://www.instagram.com/ramonyoshimura/

Quería Ser

Suqui Castro

Ah, mira, e esta é de cando fomos ao festival de Jazz da Defense, en París, ese que fan tódolos veráns. Si, mira, é do 1949, creo. Que vestidos tan lindos levabamos. Eran case de estreno. Fixemos a foto á saída do metro, antes do concerto. Facía algo de fresco. Que fartas estabamos de tanto concerto por streaming e tanta leria. Como se chamaban aqueles do TRAP-JAZZ que descubrimos?

https://suquicastro.myportfolio.com/

ALMA 

Alba González Vilar

Entre boleros me reencuentro contigo, es inevitable, a través de tu archivo fotográfico analizo tu forma de mirar y me imagino reproduciendo momentos.

Dicen que la vida es un viaje, este es mi viaje a través de la luz de tus retratos en blanco y negro, estos son algunos recuerdos que se convierten en algo nuevo.

Cómo reinterpretar los retratos de muchos de vuestros antepasados capturados por los ojos de los míos.

Como decía aquella canción de Machín, no importa en qué forma, ni dónde, ni cómo….

https://albagonzalezvilar.com/

curaduría

Jacobo Ameneiro

Deja un comentario