Afondando na Cidade Vella

Habelas Hainas N.1

Galería de Luz e esencias da Coruña e de Galicia

Croa, orixe da Crunnia de Faro, Cidade Alta, Cidade Vella… pétreo libro, o das crónicas de Vasco da Ponte, Colexiata, cátedra do ilustrado Cornide, do medievalista Menéndez Pidal, urbe nacida ao son das cornas mariñas e o tanxer das campás, outeando un porto de Liberdade que emproa cara á Rosa do Ventos. Altar, convento, cuartel, cadea, praza, pazo, tumba pros soños truncados de John Moore... A de abades, cregos, xerais, soldados, máis artesáns e mariñeiros, a da casa de María Pita, a Cidade da “Pedra Angular” da “Marineda”, a contada pola Pardo Bazán, a cantada por Francisca Herrera ou González Garcés, a pintada por Lugrís, a de recendo a incenso e caldeirada… Cidade erguida sobre petóns, trenzada en escamas de cantería e carpintería, galerías de mil ollos e portas abertas á Historia. Berce da “Moi nobre e moi leal cidade da Coruña, cabeza, garda e chave, forza e antemural do Reino de Galicia”. Corazón de latexar pousón, onde aniñan as esencias do antigo Confín do Mundo, o Magnus Portus Artabrorum. Espiral de cidade e mar, de xente capaz de acender faros, iluminando océanos da incerteza, abrindo ronseis de esperanza e Liberdade. Onde cada labra, cada porta, cada xanela poñen a proba a sensibilidade dos que a enxergan. O arquitecto de “goma de borrar” e prudente lapis Fernández Albalat ben te entendeu.

Velaquí participes na espiral dun xeito de “Xogo da Oca”, galería de versos de luz en devalar inacabado, artillada por Jacobo Ameneiro. Xanelas abertas pra profundar nese mundo de fadas que mesmo inspiraron o seu taller de Porta de Aires á pintora Lolita Díaz Baliño.
Cidade aprendida de arribadas e partidas que sabe pois recibir e despedir

Felipe-Senén

Amandapetrizzo | Sara_petrizzo_photo | Alexandra D. Bayón | Lestonnac.lasfotosdeles | Bernardo villanueva | Carlos Fernández | Ana M. Arenaz | Santiago Ramas | Suqui_castro | Gabriela J González | Victoria M. Lestón

El libro consiste en un laberinto de imágenes que al unirlas crean nuevas experiencias visuales, adquiriendo e invitando así a un juego de infinitas visualizaciones del barrio, Dando al espectador la opción de cambiar la baraja a su antojo.

Deja un comentario